viernes, 1 de octubre de 2010

O CARON DA MIÑA RÍA

 
(SONETO ADICADO Á RÍA DE RIBADEO)


Cun sorriso esbozado nos meus beizos
e cos ollos pechados por instinto,
paso horas coa mente por camiños
que me arrincan o sono do meu leito.

Lembranzas de lugares e de feitos,
vivencias de cando era cativiño
e xogaba entre risas e aloumiños
coa inocencia xurdindo no meu peito.

Recordos felices perto do Eo,
que me encheron a vida día a día
nun ledo e renacente Ribadeo,

onde coñecín penas e alegrías,
momentos de tristura e de boureo
que hoxe lembro a carón da miña ría.

Eli García-Bouso
Ribadeo, 2 de outubro de 2001

No hay comentarios:

Publicar un comentario